Microrrelatos

Texturas envolventes

Chamábanlle Gato. El fuxía, desaparecía de cando en vez; nunca coñecín ninguén tan solitario. Facíao por necesidade, gustaba de estar só, de illarse no seu propio espazo e de refuxiarse no seu corpo… mais ás veces o meu tentábao e, nesas ocasións, miañaba e camiñaba rapidamente cara a min, atraído coma un imán. Os seus ollos fitábanme, sedutor, e eu deixábame envolver na súa pelaxe negra. Co paso dos anos aprendín como funcionaba aquel animal e cando comecei a manexalo desapareceu, desta volta para sempre. Gardei todos os pelos que me deixou nunha caixiña, xa que teño a esperanza de que algún día se lle dea por volver, porque a min o gato non me fixo gata.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s