Microrrelatos

A nena e os caracois

Microrrelato finalista da terceira edición do Premio MicroCatrorelatos

Contemplas unha escena envolvente: as tebras imperan no lago. En fronte de ti, unha nena espida, de corpo fráxil, dáche as costas. Comeza a camiñar lentamente e pouco a pouco desaparece na auga. Cando non percibes nada dela, inicia a submersión. Na súa mente e na túa estoura o primeiro flashback: volves atoparte detrás da pequena, desta volta nunha cociña. As preguntas que lle dispara á nai aínda se repiten unha e outra vez na túa cabeza: «Mamá: por que a materia?, por que as feridas?, por que o sangue?». Non hai resposta: a rapariga carece de nome. Segundo flashback: a meniña está a recoller caracois e fala con eles. Ti, mentres tanto, observas detidamente o momento e quedas un bo intre alí, con ela e cos moluscos, hipnotizado. Os dous regresades ás vosas posicións e todo volve acontecer. Repito: todo.
A rapaza, antes de continuar co seu descenso, detense e percorre coa ollada todo o seu corpo. Os escorzos preséntase exquisitos. Cando remata o percorrido, abre a man e confírmalle, segura, ao caracol: «Estou lista». Nese momento, a súa corporeidade fóndese co líquido, vólvese ingrávida, e todo volve iniciarse dentro da cuncha. Repito: todo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s