Microrrelatos

Cabalgata de sentimentos

Micorrelato presentado á terceira edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz

—Arre, papá, arre!
Anette gozaba da frescura do vento mentres a súas pernas carnosas batían contra os ombreiros do seu proxenitor. Aquel home sempre emanaba aflición nada máis intuír a risa da súa pequecha —a súa boca e os seus ollos adoptaban unha curvatura acentuadamente tristeira ao pensar que o círculo da felicidade da rapaza nunca podería pecharse—.
Hoxe, no xardín, o home imaxinou a súa filla escalando a Catedral de Santiago e logo a Torre Eiffel e despois o Big Ben e máis tarde a Gran Pirámide de Giza e moitas outras construcións que se amontoaban unha sobre outra, e ao decatarse de que a meniña endexamais sentiría a magnificencia daquelas creacións, deixou de brincar.
—Papá, por que detés a viaxe?
Anette, privada de visión, devecía por colmar o seu corpo de sensacións sobre o mellor dos transportes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s