Microrrelatos · Poesía

Quebrar o estatismo

Ábrese o pano e o escenario baleiro énchese unicamente con nós.
Eu permanezo dubitativa nunha vella cadeira,
ti achégaste ao lenzo, logo sentas, e eu aínda non teño claro o retrato que queres pintar
(que perfil prefires?, de que cor a vestimenta?,
a posición do queixo?, a colocación das mans?).
Quizais tan só e cuestión de non forzalo todo tanto
para que as cores poidan mesturarse nunha danza harmoniosa.
Afirmo o pensado, despois ti clavas os ollos nos meus, asentes e colles o pincel.
Comeza a liberación, vólvome bolboreta e o pano cae subitamente.
A intimidade vólvese o mellor decorado para a inspiración libre e recíproca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s