Poesía · Relatos

A bágoa de Nicoletta

d
Girls don’t cry, de Nicoletta Ceccoli

A pequena Nicoletta naceu un día de algodón entre dúas pombas.
Cheiraba a melaza, a café quente e a queixo fundido.
A levidade das aves quedou ancorada no seu cabelo volátil
e na fraxilidade do interior daquel corpo
tan quebradizo como a súa pel,
que estaba envolta nunha capa grosa,
case de mármore, que retía o volcán
(o magma non podía saír á superficie).
Nicoletta, case unha boneca de porcelana
coa que ninguén xogou endexamais
ata o día de hoxe,
cando todo se converte en aguillón
co propósito de ferir a perfección da rapaza.

Hoxe, hoxe, todo pica no xardín.
Todo pica.
Queren comezar a guerra e,
para gañar a primeira batalla,
cómpre romper a Nicoletta.
Cómpre romper a Nicoletta!

Cando comeza a sentir o perigo,
érguese e abre ben os ollos…

Lanzan os primeiros tiros.
Ten medo.
Busca coa ollada aos francotiradores.
Son aqueles?
A angustia comeza a apreixar.
Xira sobre si mesma e
arrinca unha cebola:
necesítao.

Nicoletta busca refuxio: entra na cociña.
Acompáñana as cenorias,
que temen o peor.
Que irá facer esta tola?

Estampa a cebola
contra unha taboíña de madeira
e funde na planta o coitelo.
Os gritos calan cando, pouco antes
de morrer, Ceboletta queda adormecida.
Nicoletta sente unha sensación
estraña na meixela dereita
e comeza a observar
que a súa dureza se fonde.
As cenorias, ao decatarse do acontecido,
choran aflixidas
e regresan ao xardín
para comunicar a triste nova,
mais alí xa non vive ninguén.

Hoxe, que chegaron as avespas,
acabouse o reinado da doce Nicoletta.
Violáronlle a súa casa,
deixáronlle a terra infértil,
o corpo exposto a todo
e agora só cheira a podre,
a sangue e cítricos
e a can mollado.

Nicoletta, de aspecto esperpéntico
(o seu exterior derreteuse),
sae da estancia
e, de súpeto, desátase a presión.
O magma cubre o seu corpo:
pronto volverá ser rocha
e ela volverá,
coma sempre,
á terra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s