Poesía

Dous vaivéns

Vaivén – I

Atópome, de súpeto, espida
no medio dunha nada en silencio.
(non quedaban máis opcións que barallar).
Hai pouco que emprendín o camiño
e o esforzo xa me arrincou a plumaxe.
Atrás quedan todas as historias artelladas.
Preciso novas inspiracións,
novas tatuaxes na pel,
novos aloumiños, mais tamén novas mordeduras.
Necesito arrincar cada etiqueta
que cingue o meu corpo,
volver inventar,
volver inventarme,
inventarte?
Quizais a túa invención solucione
todos os meus problemas.
Talvez se ti es perfecto, se te creo perfecto,
poida determe neste punto desta senda inhabitada.
Considero que xa me atopo bastante lonxe
daquilo que algún día me definiu.

Vaivén – II

Intentei que o pasado ficase no punto de partida,
non levar ao desterro voluntario ningunha maleta,
mais o pretérito ancorouse no interior dos meus ósos
e agora preciso alixeirar esta carga.
Ti, fiel amigo inexistente, endexamais soubeches abrigarme,
nunca desexaches percorrer xunto a min o camiño
que se nos ofrece, tentador, por diante,
porque ao comezo eu tamén anhelaba estancarme
e introducín ese desexo en ti.
Son directora e coprotagonista deste impasse,
desta quietude que me asfixia,
e agora, para que se produza a descarga,
quizais teña que forzar o retorno,
regresar á miña habitación,
abrir armarios, caixóns e fiestras,
baleiralos e enchelos esta vez de ti
e botar de novo a andar
coa esperanza de inundarme algún día
unicamente de éter.

Estes dous poemas, configurados como díptico, foron escritos para a antoloxía do XIII Encuentro de poetas en red, celebrado o 26 de setembro de 2015 na cidade de Pontevedra.

12065833_775661022544952_7434908815296397616_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s