Colaboraciones · Poesía

O parque dos sentidos

Soamente aqueles que saben abrir o corpo
poden distinguir un simple amencer neboento
da posibilidade de inxectar o seu ser
no parque dos sentidos.

A oportunidade de penetración
técese unicamente abrazada á soidade,
única compañeira que posibilita
a fluidez do camiño.

Durante a translación sempre necesaria
os ollos escorregan polos tobogáns
dunha memoria fraxilizada
polos bambeos do corpo
polas sacudiduras do vento.

O reloxo da torre da escola,
do non queda máis que un círculo
impolutamente branco
(lúa chea tan perfecta
que ausente de si mesma)
convídame a debuxar na súa superficie
coas cuncas oculares baleiras
todas os elementos obstrutivos
que traban a lixeireza
do descenso.

O ar, lapis que se volve ferinte
cada vez que volve introducirse
para impedir a coagulación
de sentimentos acentuados;
mans que se volven tacto cálido
cando foxen tras a intervención
tinguidas de fume e desacougo.

Eu son bambán.
Eu son desas que sempre escolle
o xélido paseo matutino
que remata, tras a drenaxe,
na quietude harmoniosa.

Cando todo cala por dentro,
cando incluso a gravidade
permanece en suspensión,
os sentidos xa non son
e desaparece o parque.

O parque dos sentidos 01

Poema publicado no primeiro número do Independent Journal of Interdisciplinary Arts, unha revista electrónica creada por estudantes da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s