Colaboraciones · Poesía

Panorama ardente

A maioría do tempo fomos corpos envoltos en sal
invadidos polo ardor que prendía en nós polas noites.
Eramos nenos que xogaban a casar, a bicar, a fumar
un pouco de todo:
as moras da aldea, o recendo da herba húmida,
o impacto de diferentes fríos sobre superficies
palpitantes de calor.
Os nosos ollos detíñanse sobre o horizonte atlántico;
non viaxabamos máis aló dos camiñamos
que nós mesmos teciamos
con pedras, xiz, con bicicletas
e, mentres todo, o canto dos grilos
ben enfrascado nos petos dos pantalóns.
Cando apañabamos caracois, ardían os eucaliptos.
Fuxiamos correndo polas curvas
dun terreo salvaxe.
Zigzagueamos.
Observabamos as illas que se esparexían diante de nós
e soñabamos con izarnos mutuamente nelas.
Mais ergueron, ergueron, ergueron [muros]
e chamaron, e trouxeron,
e viñeron e quedaron [persoas, persoas, persoas].
Roubáronnos o eterno verán,
a natureza solitaria das esquinas;
impedíronnos contemplar a inmensidade
que nos salvaba.
Alcanzáronnos as lapas.
Queimámonos.
Calaron os que tiñamos
por eternos compañeiros.
Devimos cinsa sepultada por poeira.
Tivemos que darlle as costas ao mar.
Agora agardamos a que se produza o desxeo
para descubrirnos
e para que a face da nosa terra quede de novo exposta
unicamente a si mesma
e a nós.

Poema publicado no fanzine Verdescuro, proxecto impulsado por Sonia Marpez e Jesús Castro co propósito de reunir homenaxes persoais a Galicia de distintos creadores galegos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s