Poesía

Nenæspiraes

A espiral comeza a xirar.

Hoxe anuncio, por fin, a saída de Nenæspiraes, poemario gañador do premio de poesía O Facho 2015.

É este un libro no que figuran composicións que reflicten o meu ser: as miñas entrañas, a miña concepción do mundo e da poesía, e cuxa escritura supuxo un xogo, unha ordenación do meu terreo, unha catarse, unha descuberta do meu propio eu.

É este tamén un traballo que, sen dúbida, teño que agradecerlle a moita xente: á propia Agrupación Cultural O Facho por confiar en min, en especial a Xulio L. Valcárcel, pola súa infinda amabilidade e xenerosidade e porque soubo converter o proceso en algo moi especial; a Lucía de Fraga, autora do magnífico prólogo do poemario, muller forte, muller sabia, muller coa que comparto moitas cousas, entre elas o xeito de concibir a poesía, muller cuxa obra foi para min todo un descubrimento; tamén a Enrique Sánchez, membro do xurado do premio; a Beatriz, xerente da imprenta López, a quen lle agradezo o mimo co que coidou esta marabillosa edición e, por último, a todos os poetas que me acompañaron e me acompañan en tantas ocasións e que tanto me ensinan, en especial aos que coincidiron comigo nos recitais da Caldeirería 26, lugar onde se xestaron moitas das creacións incluídas neste libro.

A continuación déixovos os versos que se poden ler na contraportada do poemario, que son unha mostra do que atoparedes no seu interior.

No medio da miña propia espiral
fun envexa, corrosión e,
cando me dei de conta,
intentei xirar sobre min
co fin de atopar o meu comezo,
mais só me retorcía, perdida:
nada tiña inicio,
tampouco fin,
deviñera eterna.

_MG_7096.jpg

Fotografía: Adrián González

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s