Poesía

Cos pés na terra

child-standing-in-dirt-1428312-ConvertImage

Hoxe falo desde a oportunidade gozosa de recuperar o tacto da túa man,
desde a boca aberta que se paraliza ante a impresión do azul da túa ollada;
falo sentindo nos pés a humidade da terra daquela romaría de verán
en cuxo recordo os dous nos instalamos como eses eternos amantes
que endexamais regresaron.

Hoxe que volvo perpetuarte a través da escrita, a túa lembranza reaparece
baixo a forma de sacudidura de sensacións e
regresa a min a túa tenrura, o teu sorriso, a túa bondade,
a túa face coroada por moreas de follas de carballo enchoupadas en sol
porque eu sempre te observaba ben atentamente desde moito máis abaixo.

Hoxe compadézome do tempo, que non é quen de regresar á súa verdade,
mais á vez celebro o seu latexo vital e incesante, capaz de transportarnos
ás experiencias que lle outorgan a importancia que lle concedemos.

Hoxe escribo desde a necesidade de volver a ti,
de atopar no meu interior os recantos onde te agochas.
Hoxe atópote e as desincrustacións non doen;
instalan en min a admiración e a inxenuidade
e secan a humidade que o teu recordo instalou nos meus pés.

Hoxe, malia todo, estoulle agradecida ao tempo.

 

Poema escrito para La metafísica del circo 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s