Poesía

Sobre o camiño

LEONORA-CARRINGTON-ANIVERSARIO-3

El impulsoume sen sabelo a procurar
o centro do labirinto
sempre.
Así que eu volvía a vista cara atrás continuamente
para comprobar que situara
cada pegada
no sitio xusto,
e sempre permanecín vixiante
co fin de que todas elas
non se movesen
nin o máis mínimo.
Souben protexelas perfectamente
da choiva;
nunca coñeceron á humidade
grazas á protección
da miña pel.
Pero hoxe chegou a inundación de súpeto,
quizais demasiado cedo,
e a miña pel non puido cubrir
todo o camiño
percorrido.
Atópome perdida
tras este asolagamento de confusión.
Descoñezo cal é o senso correcto
para chegar ao que realmente é
e teño medo das aparencias
que se proxectan nas matogueiras
(é este un dédalo salvaxe).
No centro agárdame a verdade,
a esencia do todo;
fóra agárdame el.
O único que non podo
é permanecer inmóbil:
as paredes deste lugar matan
(o propio camiño, neste caso, é o indesexado).
Para non contaminarme,
para non perderme,
teño que chegar ata un dos extremos,
ben sexa ou inicio
ou o fin.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s