Poesía

As pegadas

Footprint-l1

Repetíronnos tantas veces que a terra non é nosa
e aínda así o único que nos importa da viaxe é a súa estela.
Empregamos as pegadas como linguaxe contra a morte
e mesmo chegamos a arrincarnos a carne máis fonda
para vertela nelas.

Da nudez que nos impoñemos prenden as fogueiras,
foxen os animais e nacen as bestas. Unhas bestas que non
somos máis ca nós. Os que non nos detemos ou non nos
queremos deter a pensar o esquecemento. Os que sempre
camiñamos por sendas que non coñecen o final.

Concebiamos a vida como un carrusel
e ao saber da súa finitude infestamos de carraxe
a atracción. As nosas historias
queimárono todo. Nós só queriamos
non deixar de ser nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s