Microrrelatos · Relatos

Un lenzo en branco

―Mira, avó, neste armario aínda queda algo!

O pequeno Lois revisaba que a casa quedase completamente baleira. O velliño, cunhas pernas de xelatina, achegouse a el con dificultade. Tras colocar ben os lentes sobre o nariz, entornou os ollos e examinou a fotografía.

―Quen son os da foto? ―inquiriu o neno, curioso.

―O da esquerda son eu, o teu avó Benito Lugrís; os dous do centro, Félix Nussbaum e Zoran Salomon, alemáns de orixe xudía. O da dereita é François Olère, francés comunista. Eramos un grupo de moito coidado ―afirmou o ancián con nostalxia.

―E onde sacastes a foto?

―Pois no cume dunha montaña dos Alpes alá polo 39, cando estabamos a construír a Kehlsteinhaus, un pequeno palacio dun luxo inigualable que lle ofreceron ao mesmísimo Hitler polo seu 50 aniversario. Tería túneles e mesmo un ascensor con espellos e sofás.

―Quen era ese «Jitler»?

Xusto nese momento, chamaron á porta: «Policía!»

―Xa falaremos diso, rapaz. Chegou a hora.

Mentres o neno collía a súa pequena valixa, o vello volveu inserir a instantánea no armario. Logo, home e homiño, cada un con cadansúa maleta, enlazaron as mans e comezaron a camiñar lentamente. Dentro daquela fotografía seguíase a construír unha casa onde todo era posible. Mentres tanto, fóra dela, un fogar estaba a piques de morrer. Chegara a hora do desafiuzamento. Os pais de Lois faleceran. A pensión do avó non era suficiente.

―Non teñas medo, Lois. Agora todo é posible. O mundo ofrécesenos como un lenzo en branco. Imos pintar unha casa ben bonitiña.

443px-HitlerEagleNest45_crop
A Kehlsteinhaus ou Niño da Aguia

 

Texto finalista do IV Concurso de Microrrelatos organizado polo Café De Catro a Catro

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s