Poesía

Trazar o camiño

favim-com-3414

A vida sempre unha recta segada
entre dous puntos impolutos.

Camiño cara o primeiro senso
agochando sementes na terra cansa
e recollo os froitos á volta, sempre.

Entro no noso fogar cun ramo das túas
flores. Inventáchelas unha noite entre
a vaporosidade dunhas sabas esvaecidas
no tempo. Eu construínas a partir da túa
descrición con precisión de costureira,
mais ti só coñeces o estático e por iso
non te deixas ferir pola beleza, ou quizais
non coñezas a beleza porque non precisas
do camiño.

Agora, as túas flores en cinsa.
A casa a arder. Agóchase a terra
apoucada. A oportunidade da
repoboación. O camiño. Un
novo camiño. O fogo, quizais.

A vida unha recta segada sempre
entre dous puntos impolutos,
mais quen decide o trazado
daquilo que nos define?

Poema escrito para La metafísica del circo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this:
%d bloggers like this: